A deputada do BNG, Olalla Rodil, e o presidente de ADEGA, Roi Cuba, falarán sobre o espolio enerxético

O Bloque organiza un acto dentro da campaña Nin Espolio, Nin Depredación sobre o modelo enerxético que se está impor en Galiza. Será este xoves ás 19:30 horas na Praza da Soidade de Lugo

O Bloque Nacionalista Galego organiza un acto este xoves ás 19:30 horas na Praza da Soidade de Lugo en defensa dos intereses produtivos enerxéticos de Galiza. Contará coa ponencia da viceportavoz do BNG e deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, e o presidente de ADEGA, Roi Cuba.

Dentro da folla de ruta da campaña política e social Nin Espolio, Nin Depredación. Enerxía eólica sustentábel, xusta e galega a organización frontista denuncia o boom eólico que se está a producir no noso país, o que conta co benéplacito dos gobernos tanto da Xunta de Galiza como do Estado en favor dos intereses das grandes empresas enerxéticas.

A deputada Olalla Rodil sinalou que este acto quere transmitir as propostas do BNG respecto as enerxías renovábeis, as que “son necesarias pero deben protexer o noso territorio e, sobre todo, garantindo xustiza social” no que a deputada fixo fincapé en que “non podemos continuar co modelo do PP onde un feixe de multinacionais quere benificiarse da nosa riqueza” declarou Rodil.

Neste senso, o Bloque defende un modelo enerxético sustentábel, xusto e galego, no que que a enerxía eólica beneficie a sociedade, aplicando ferramentas para abaratar a luz, onde o rural teña un beneficio real polo impacto que lle xenera, e tamén, que se vinculen parques eólicos a proxectos industriais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.