A Golden River Race chega á provincia de Pontevedra da man da Deputación

O Palacete das Mendoza acolleu esta mañá a presentación da primeira Golden River Race, a regata de piragüismo máis longa de Europa que se celebrará do 24 ao 27 de xuño e pasará polas provincias de Pontevedra, Ourense e A Coruña

Ao acto acudiu deputado provincial de Deportes quen amosou o seu entusiasmo porque a provincia de Pontevedra acolla parte de esta competición, en consonancia cunha das liñas fundamentais de actuación da Deputación: «atraer grandes eventos deportivos que reactiven económica e turisticamente a nosa provincia».

Esta regata algo máis de 100 quilómetros de percorrido, chegará a Pontevedra na súa derradeira etapa, na que as e os deportistas realizarán un percorrido de 30 quilómetros entre Salvaterra de Miño e Crecente co apoio da Deputación de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.