A POIG lanza un proxecto online para mozos e mozas de entre 12 e 17 anos

Mozos e mozas de Galicia de entre 12 e 17 anos xa teñen a súa propia plataforma en liña de contidos. Trátase dunha nova iniciativa da Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia. Esta iniciativa conta co apoio da consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Redeir@s é un xornal dixital, a suma dunha serie de redes sociais e un recurso educativo máis ao alcance da comunidade redeir@s. “Parécenos xenial a idea de ter un xornal con noticias que nos interesan, un espazo para construír redes sociais de forma segura e tamén un lugar onde aprender cousas novas a través da selección de recursos que apoian a nosa formación académica”, comentan os primeiros  redeiros e  redeiras.

Detrás desta iniciativa están expertos en dereitos da infancia que poñen en valor todos os dereitos recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno.

Ademais Redeir@s ofrece obradoiros para aprender xunto a profesionais temas que importan aos adolescentes. Neste senso, ao mesmo tempo que se lanza a plataforma virtual, póñense en marcha catro talleres tanto en formato presencial como virtual. Pódese acceder a toda a información a través da web www.redeiros.org / www.redeiras.org, na sección obradoiros.

Para formar parte da comunidade redeir@s hai que poñerse en contacto coa plataforma de infancia galega en participacion@infanciagalicia.org

Redeir@s é un espazo seguro. Redeiros e redeiras navegan por esta comunidade virtual con todas as garantías de seguridade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.