A SD Compostela debutou no Campionato de España Máster de Málaga

Na pasada fin de semana, a SD Compostela Atletismo tivo a varios dos seus atletas competindo de novo na vila de Noia, esta vez para disputar o Campionato de Galicia ao aire libre Sub-12, nunha xornada marcada polo mal tempo, na que os cativos tiveron que correr mesmo baixo a sarabia

Na cita, Marcos Barcala participou na proba de 1.000 metros, cun bo rexistro e sendo terceiro clasificado da súa serie; mentres que Lucía Taboada, Clara López e Africa Gil tamén competiron nos 1.000 metros con fantásticos rexistros.

Ao mesmo tempo, en Málaga, os atletas do club que estaban clasificados participaron no Campionato de España Máster, un evento no que se estreaban os nosos. Se xa estar presentes era un premio meritorio, os compostelanistas deixaron pegada da súa participación na moderna pista andaluza.

O sábado, nunha xornada marcada polo vento na contrameta, Damián Espasandín competiu nos 400 metros, estando preto da súa mellor marca para entrar terceiro da serie B. Pola súa banda, Amador Pena tomou partida nos 800 metros, participando na serie A coa idea de mellorar a súa marca, porén, a proba freouse no paso polos 200 e decidiu atacar, pagándoo nos últimos metros e quedando lonxe da súa mellor marca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.