A Xustiza tumba a “cidade deportiva” do Celta

O xulgado contencioso nº3 de Pontevedra acaba de fallar contra as instalacións deportivas do Celta construídas en terreos rústico de especial protección forestal en Mos. A maxistrada revocou a licencia municipal e declarou a cidade deportiva non conforme a dereito

A Comunidade de Montes de Tameiga declárase satisfeita coa sentenza, xa que ven a darlle a razón a súa querela interposta pola ilegalidade das obras da “cidade deportiva” do Celta.

Tal como denunciaron tamén Ecoloxistas en Acción e a Asociación Veciñal A Portela de Tameiga, a maxistrada do xulgado nº3 de Pontevedra falla contra a licencia pola que o goberno local de Mos pretendía permitír a construcción dun edificio de case 3.000 m.2 cando pola cualificación do solo, rústico de especial protección, só podía construirse uns pequenos vestiarios e almacén imprescindible

A Comunidade de Montes sinala que a cidade deportiva carece de ningunha cobertura legal, xa que o Plan Especial de Infraestruturas que o goberno de Nidia Arévalo tentaba tramitar de xeito expres foi informado desfavorablemente pola Confederación hidrográfica Miño-Sil quedando así descartada a súa aprobación.

A directiva da comunidade de montes parabeniza a toda a veciñanza comuneira que durante estes máis de tres anos de loita non cederon as ameazas, insultos e a campaña de atosigamento mediante denuncias realizada pola alcaldesa do Partido Popular, principal promotora deste desproposito urbanístico.

A veciñanza comuneira de Tameiga agarda que esta sentenza serva ademais de exemplo para todo aqueles que desde as administracións se pensan que poden obrar por encima da lei e ás empresas que operan con tan malas prácticas como as do presidente do Celta, Carlos Mouriño.

DESCARGAR SENTENZA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.