Aberto prazo de matrícula na escola infantil de Vilar de Santos

A metade das prazas encóntranse xa cubertas despois de que no mes de abril pechárase o prazo de preinscrición, mantendo a demanda e os niveis de matrícula de anualidades anteriores.

O prazo estará aberto ata o vindeiro 30 de xuño. Toda a información e modelos normalizados poden atoparse na web do Concello de Vilar de Santos (https://www.vilardesantos.gal/escola-infantil/) ou nas propias instalacións municipais. Para máis información poden poñerse en contacto vía telefónica no 988447109.

 A Escola Infantil de Vilar de Santos é un servizo público, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, que pon á disposición das familias 20 prazas para crianzas ata os 3 anos de idade. O custe da inscrición varía dependendo da xornada escollida (media ou completa), sendo gratuíto para o segundo fillo e sucesivos.

O centro conta con persoal especializado que atende ás demandas dos máis pequenos de oito da mañá a catro da tarde. Un amplo horario deseñado para facilitar a conciliación familiar pero tamén para acompañar aos menores no seu desenvolvemento.

 A escola foi recentemente reformada polo Concello de Vilar de Santos, contando cunha aula de infantil, zona de xogo, zona de gateo, unha zona de berces e un grande patio exterior de 250 metros cadrados delimitados no seu perímetro. Un lugar ideal para aprender xogando con todos os coidados necesarios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *