Aberto un novo punto de información turística no Castelo de Santa Cruz

Ademais da Aula do Mar de Mera e da oficina de turismo de Santa Cristina, desde mañá 1 de xullo haberá un novo punto de información turística na torre cadrada do Castelo de Santa Cruz. Desta maneira, os milleiros de persoas que visitan o castelo poderán recibir todo tipo de información detallada sobre o concello

Con este novo punto de información refórzase a atención turística ofrecida tanto na oficina de turismo de Santa Cristina como na Aula do Mar de Mera. A oficina de información turística de Santa Cristina abrirá de martes a xoves de 10:00 a 13:30 e venres e sábados de 10:00 a 14:00 horas.
O punto de información do castelo estará aberto de martes a sábado de 16:30 a 19:30 e os domingo de 10:00 a 14:00 horas. A Aula do Mar de Mera abre de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:30 h; os sábados e domingos de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.