Ana Lamas destaca en Bergondo “a dimensión social” do Plan Único

A deputada reuniuse coa alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, para coñecer de primeira man os detalles do novo programa municipal de axudas á vivenda que financia o Fondo Social do Plan Único

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, visitou o Concello de Bergondo para coñecer de primeira man os detalles da nova liña de axudas para o pago do aluguer ou a hipoteca habitual creada polo Concello de Bergondo a través do Plan Único Social.

Ana Lamas reuniuse coa alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e valorou esta iniciativa, que ten como obxectivo “contribuír a minimizar o impacto económico e social derivado da pandemia nas familias máis vulnerables”.

A contía da axuda que recibirán os adxudicatarios será de ata 300 euros mensuais, sen que en ningún caso poida exceder o importe da renda do contrato de alugueiro ou da mensualidade do préstamo hipotecario. Concederase durante un período máximo de tres meses, podendo ter efectos retroactivos desde xaneiro de 2021.   As bases ao completo poden consultarse aquí.

O prazo para presentar as solicitudes finalizará o 10 de xullo e poderá facerse  de xeito telemático a través da sede electrónica municipal ou presencial no Rexistro, solicitando cita previa.

Más de 100.000 euros para políticas sociais no municipio

A través do Fondo Social do Plan Único, o Concello de Bergondo recibe este ano 108.925,28 euros para reforzar as políticas sociais municipais e facer fronte ás consecuencias orixinadas pola COVID-19.

Durante a súa visita Ana Lamas tamén deu conta dos outros usos aos que Concello de Bergondo adica este financiamento, como pode ser o programa ‘Universo Diverso’, unha iniciativa de ocio dirixida a persoas con diversidade funcional, ou o reforzo do persoal administrativo de Servizos Sociais onde proximamente se incorporará unha persoa máis de xeito temporal.

Lamas destacou que o Plan Único “adquire este ano unha nova dimensión social para non deixar a ninguén atrás na saída da crise da Covid-19” e explciou que o Fondo Social do POS+ distribúe este ano 14 millóns de euros para financiar programas sociais en todos os concellos da provincia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.