Arbo recibe unha achega da Xunta para a mellora do acceso ao lugar de O Couto

As obras ascenden a 49.995,78€

O Concello de Arbo, realizará obras de mellora de acceso ao lugar de O Couto na parroquia de Arbo. As obras contan   con financiamento do 70% do investimento da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, de acordo coa Orde de 30 de decembro de 2020  pola que se establecen as bases reguladoras e convócanse subvencións para a creación e/ou  mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados a prestación de servizos municipais, destinadas a Concellos de Galicia para o ano 2021 o 30% restante será asumido polo Concello con cargo a fondos propios.

O obxecto do contrato é a mellora do acceso dun camiño municipal  no Lugar de O Couto, na parroquia de Arbo, coa mellora do seu trazado e seguridade viaria, ampliando a plataforma pavimentada.

O Alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil,  insistiu en que «esta acción responde a unha demanda histórica dos veciños e veciñas do barrio de O Couto, que recolleu o equipo de goberno do Concello de Arbo e estamos a traballar para dar unha solución e o noso compromiso de rematar a remodelación completa en canto posible porque un dos nosos obxectivos é devolver aos lugares do noso municipio a importancia que nunca tiveron que perder”.

As obras propostas descríbense no proxecto redactado e que serviu de base para a solicitude da subvención ante a Xunta e son a execución dunha limpeza de marxes con apertura de cunetas eliminación de raíces existentes das árbores próximas en varios puntos do trazado, demolición do firme existente, tamén se contempla a colocación de salvacunetas con tubaxe e  posterior pavimentación.

Dado que o  Concello de Arbo, nun futuro próximo, pretende ampliar a iluminación pública ao longo do tramo de actuación,  tamén se contempla a colocación de postes novos.

“Son obras que están dentro do plan que puxemos en marcha para a mellora de viais públicos do municipio” -sinala edil Horacio Gil-. A estes sumaranse outros aprobados e incluídos dentro  do plan de  melloras de  viais  municipais,  espazos  publicos e  melloras en  abastecemento e  saneamentos para o ano  2021. No ano 2020 o Concello de Arbo acometeu melloras no viais de Laxas, Esmoriz, Urzal, mellora do entorno de San Xoan, Area Recreativa Bouza de Miguel, melloras en lavadoiros…. entre outras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.