Arbo segue co programa de promoción do compostaxe doméstico

Un total de 50 composteiros cedidos por SOGAMA empezáronse a repartir entre a poboación arbense

O Concello Arbo,  continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de 50 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre os veciños que realizaron a súa socilitude.

Os  primeiros composteiros empezaron a entregarse no día de hoxe, no recinto do Punto limpo, polo Concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural, Bernardo Vázquez Pérez e o Alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil.

O Concello de Arbo, solicitaba novamente a SOGAMA 50 composteiros  co  obxectivo de estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

O obxetivo é  por unha parte, reforzar a mensaxe dos beneficios do compostaxe caseiro, e por outra banda, apostar polo compostaxe a fracción orgánica producida nas vivendas e  reducir a entrada no circuíto de xestión do lixo do concello de calquera tipo de residuo orgánico biodegradábel.

O alcalde do Concello de Arbo, detaca o gran éxito do programa de compostaxe, “no ano 2020 o Concello repartiu un total de 60 composteiros entre a poboación, e dado a demanda que existía, pola alcaldía trasladouse a SOGAMA as peticións, o que dende a entidade galega, entregaran 50 composteiros máis”.

As veciñas e veciños que reciben un composteiro do programa municipal quedan comprometidas a participar nas labores de inspección que programe o Concello a fin de comprobar o correcto uso do dispositivo entregado.

A elaboración de compost na casa ten moitas vantaxes, tanto medioambientais como económicas. O compostaxe permite reutilizar os refugallos que de outra maneira acabarían no colector verde convencional e contribúe a reducir a frecuencia do servizo de recollida.

O Alcalde explicou que “a pretensión dende o Concello  é reducir a xeración de residuos dos nosos fogares, colaborando así mesmo co medio ambiente porque obteremos un abono natural de excelente calidade para as nosas plantas, legumes, hortalizas…..”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.