As asociacións protectoras de animais domésticos da provincia recibirán as axudas da Deputación

As axudas para actividades e investimentos permitirán financiar a compra de alimentos, medicamentos, produtos de hixiene, servizos veterinarios e actividades coma un proxecto de recollida de animais en situación de abandono para a súa ubicación en casas de acollida 

A área de Medio Ambiente da Deputación da Coruña dedica este ano 111.650 euros para apoiar investimentos e desenvolvemento da actividades das asociacións protectoras de animais domésticos da provincia durante o ano 2021.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar esta semana a concesión provisional destas axudas, cuxas contías van dun mínimo de 1.356 euros a un máximo de 15.000 euros. As entidades beneficiarias son as asociacións protectoras de animais Arca de Noia, APADAN, San Francisco de Asís, Comportamento Ético Animais Cometa, Animais do Camiño, Gatocan, Moura e Callejeros Barbanza.

Segundo explicou o deputado responsable da área de Emprego, Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, José Ramón Rioboo, as axudas permitirán financiar melloras nas instalacións das protectoras, compra de vehículos, material, medicamentos, chips, gastos de alimentación, servizos veterinarios, elementos de hixiene, e outras actividades de protectoras de animais da provincia, entre elas un proxecto de recollida de animais en situación de abandono para a súa ubicación en casas de acollida.

AXUDAS CONCEDIDAS PARA ACTIVIDADES

Beneficiarios Importe subvención
Beneficiario: ASOC. PROTECTORA DE ANIMAIS ARCA DE NOIA
Obxecto: COMPRA DE MEDICAMENTOS CHIPS E ALIMENTACIÓN E SERVICIOS PROFESIONAIS (VETERINARIOS)
4.377,60€
Beneficiario: ASOC PROTECTORA DE ANIMALES DOMESTICOS ABANDONADOS DEL NOROESTE (APADAN)
Obxecto: Plan de alimentación, hixiene e profilaxe dos animais acollidos en APADAN durante o ano 2021
14.040,00€
Beneficiario: ASOC PROTECTORA DE ANIMALES SAN FRANCISCO DE ASIS
Obxecto: Proxecto de actividades da Asociación Protectora de Animales San Francisco de Asís “Estamos ao día”
11.640,00€
Beneficiario: ASOCIACION COMPORTAMENTO ETICO ANIMAIS COMETA
Obxecto: Proxecto de atención integral de animais domésticos en situación de abandono
8.760,00€
Beneficiario: ASOCIACION PROTECTORA DE ANIMAIS DO CAMIÑO
Obxecto: Actividades de Protección de animais no Camiño de Santiago
9.720,00€
Beneficiario: ASOCIACION PROTECTORA DE ANIMAIS GATOCAN
Obxecto: Gastos relacionados coa protección de animais domésticos realizados durante o ano 2021
15.000,00€
Beneficiario: ASOCIACION PROTECTORA DE ANIMAIS MOURA
Obxecto: Atención veterinaria mensual e campañas de castración e coidado animal
7.080,00€
Beneficiario: CALLEJEROS BARBANZA ASOCIACION BENEFICO SOCIAL
Obxecto: SOLICITAR SUBVENCIÓN PARA O PROXECTO DE RECOLLIDA DE CANS E GATOS EN SITUACION DE ABANDONO E A SUA UBICACIÓN EN CASAS DE ACOLLIDA
6.840,00€

Total concedido ACTIVIDADES:  77.457,60€

 

AXUDAS CONCEDIDAS PARA INVESTIMENTOS

 

ASOCIACION PROTECTORA DE ANIMAIS DO CAMIÑO

Adquisición de vehículo e mobiliario

Ayuda:  7.279,62 €

 

ASOCIACION PROTECTORA DE ANIMAIS MOURA

Merca de utillaxe e mobiliario para o correcto funcionamento da protectora, así como adquisicion de material informático e páxina web

Ayuda:  1.356,80 €

 

CALLEJEROS BARBANZA ASOCIACION BENEFICO SOCIAL

Adquisicion dunha furgoneta para o transporte de animais

Ayuda:  3.916,80 €

 

ASOC PROTECTORA DE ANIMALES SAN FRANCISCO DE ASIS

Proxecto de investimento da Asociación Protectora de Animales San Francisco de Asís “Estamos ao día”

Ayuda:   11.640,00 €

 

ASOCIACION PROTECTORA DE ANIMAIS GATOCAN

Obras de mellora de urbanización e recollida de pluviais

Ayuda:  10.000,00 €

 

TOTAL CONCEDIDO INVESTIMENTOS: 34.193,22 €

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *