As coordenadas enviadas por Whatsapp permiten localizar a un ciclista que sufriu un accidente no monte en Moaña

Un ciclista precisou da axuda dos equipos de intervención ao mediodía de hoxe ao caer do seu vehículo mentres circulaba polo Monte Paralaia, no concello pontevedrés de Moaña

Foi un compañeiro do ferido quen chamou ao 112 Galicia ao fío das 12:00 horas para informar da súa situación. Así, para poder proporcionar a localización exacta do accidente aos servizos de emerxencias, os xestores do 112 solicitaron as súas coordenadas a través do servizo de mensaxes instantáneos Whatsapp.

Nada máis ter constancia desta información, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo, aos axentes da Garda Civil, da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Moaña.

Unha vez no lugar, os membros de Protección Civil lograron acceder ata o punto onde se atopaba o home ferido coa axuda dun todoterreo e apoiaron ao equipo médico no desprazamento do ciclista ata unha ambulancia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.