As piscinas municipais de Oleiros ofrecen matrícula e mensualidade gratuíta

Os complexos deportivos municipais de Perillo, Oleiros e Dorneda ofrecen matrícula e mensualidade gratuíta para todas aquelas persoas que se dean de alta no mes de xuño. As instalacións contan cun estrito protocolo sanitario que garante a total seguridade das distintas actividades deportivas

Ademais da piscina e das salas de musculación, existe un amplo abano de actividades dirixidas por persoal técnico especialista. Tamén están abertas as matrículas para os cursos de natación, tanto de verán como de inverno.

Pode obterse máis información en calquera dos tres centros deportivos, no teléfono 981 611 338, no correo electrónico cd_oleiros@fcc.es ou na web http://www.centrosdeportivosoleiros.es.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.