Castiñeira. «Caballero usa a Deputación de Lugo para intentar arranxar os problemas do PSOE na provincia»

No PP consideran que a reunión de Caballero e Tomé na Deputación tivo por verdadeiro obxectivo intentar arranxar os múltiples problemas do PSOE na provincia de Lugo, debidos á falta de liderado e a que as enquisas indican que está en caída libre en aceptación electoral.
O portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, lembra que o PSOE é a terceira forza política na provincia, segundo os resultados das eleccións autonómicas
Castiñeira di que Caballero vén a Lugo a intentar ordenar o seu partido na provincia; e intentar facelo na Deputación, non son formas e constitúe un engano aos lucenses
Os populares sinalan que “os problemas do PSOE afectan á Deputación e a un mal goberno provincial, que é incapaz de dar solución aos problemas da provincia, como vemos en asuntos como as residencias ou a reactivación económica”
Javier Castiñeira di que mentres o PSOE busca desesperadamente frear a súa descomposición interna o PP mostra unha unidade a toda proba en vésperas do inicio do seu proceso congresual