Cinco galegas formarán parte da nova dirección de Podemos encabezada por Ione Belarra

Podemos Galicia celebra o proceso de Asamblea Cidadá que tivo lugar esta fin de semana e se implica activamente na nova folla de ruta de Podemos a nivel estatal

Podemos Galicia celebra o proceso de Asemblea Cidadá que tivo lugar esta fin de semana e se implica activamente na nova folla de ruta de Podemos a nivel estatal coa participación de cinco galegas na nova dirección encabezada por Ione Belarra.

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, a voceira do Consello Cidadán Galego, Verónica Hermida, o voceiro de Podemos Coruña, José García Buitrón, a militante de Rebeldía Galicia, Tamara Deza e a ex deputada e actual asesora do Ministerio de Igualdade, Ángela Rodríguez, formarán parte da nova dirección de Podemos que encabeza Ione Belarra.

Podemos Galicia destaca que «a representación galega atesoura experiencia e xuventude, cultura militante e municipalista, e coindice coa nova aposta de Podemos por liderados cada vez máis corais e femininos». Sinalan, ademais, o ambiente festivo e fraterno no que transcorreron as xornadas da asemblea presencial como elementos favorables para a apertura desta etapa nunha organización con sete anos de vida na que a intención principal é ir ampliando a base social e militante.

A formación galega púxose á completa disposición da secretaría de Ione Belarra para seguir construíndo un Podemos forte, feminista, verde e cun marcado carácter plurinacional co obxectivo de facer presidenta do Goberno do Estado a outra galega, Yolanda Díaz. Asemade, Podemos Galicia quixo subliñar a importancia da clave galega no presente e o futuro do espazo do cambio a nivel estatal como o demostra o liderado e exemplo de xestión da vicepresidenta terceira e ministra de Traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.