Conciliación, loita contra a violencia machista e empoderamento das mulleres centran os programas que apoia a área de Igualdade da Deputación da Coruña

Dez programas teñen como destinatarias mulleres do ámbito rural

A área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia os programas de actividades de asociacións que traballan pola igualdade cun orzamentos de 437.574 €. Máis de corenta entidades se benefician desta liña de axuda coa que se desenvolven fundamentalmente accións de conciliación, de loita contra a violencia machista e empoderamento das mulleres.

Con achegas que van até máis de 27.000 €, a área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia a actividade que realizan máis de corenta entidades que traballan pola igualdade das mulleres e contra a violencia machista. Nesta edición da liña de axudas convocada pola área que dirixe a deputada María Muíño,os programas presentados foron fundamentalmente os dirixidos a promover a conciliación da vida laboral e familiar, o empoderamento das mulleres e as distintas accións de prevención contra a violencia machista.

Ademais, dez programas dos que reciben subvención da Deputación, teñen como obxectivo accións destinadas ás mulleres do ámbito rural para promocionar a súa participación social, o fomento do emprego ou apoio a coidadoras.

“Para a área de Igualdade da Deputación da Coruña esta liña de axudas é un eixo central da nosa acción porque con ela estase apoiando programas de grande interese social, que chegan a moitas mulleres e contribúen a dar pasos adiante na igualdade e tamén na prevención e eliminación da violencia machista”, sinala a deputada de Igualdade, María Muíño.

Neste sentido, fai especial fincapé nos programas destinados a eliminar o feminicidio e o machismo con iniciativas que desenvolven as entidades e supoñen avanzar na concienciación e sensibilización contra a violencia. “Xunto con outras accións nas que traballamos directamente desde a área de Igualdade da Deputación da Coruña a través dos nosos propios programas, a colaboración coas asociacións é fundamental para un dos eixos fundamentais do noso traballo porque é tamén unha urxencia na que nos temos que comprometer non só as institucións senón a sociedade no seu conxunto”, apunta María Muíño.

A.L.A.S. CORUÑA (ASOCIACION POLA LIBERDADE AFECTIVA E SEXUAL DE A CORUÑA)

Fomento da igualdade de xénero. Obradoiros romper barreiras.

 

10.175,20 €

A.N.P.A. A SANTAIA DO CPI FONTE DIAZ Conciliación e responsabilidades compartidas. Servizo “Bos días” e “Días sen cole”.  

 

4.470,00 €

ANPA O FORTE DO CEIP N.º 1 DE MELIDE

Conciliación e responsabilidades compartidas. Actividades extraescolares

 

 

6.825,00 €

A.N.P.A. O RAMO DO CEIP

Programa de conciliación

 

 

12.216,00 €

A.P.A. C.N. MIXTO COMARCAL E.G.B. TEIXEIRO

Fomento da igualdade de xénero

 

2.253,12 €

A.P.A. LANDRAS C.E.I.P. MESTRE RODRIGUEZ XIXIREI O

Conciliación e responsabilidades compartidas

 

 

2.854,80 €

A.P.A. SAN ISIDRO C.P. DICES

Programa de conciliación

 

 

2.938,65 €

ARABIAS S.COOP.GALEGA

Espadela. Escola de apoderamento feminista para mulleres no rural

 

 

16.038,40 €

Beneficiario: ASOCIACION TEMPUS

Campamentos concilia no Muíño de Pedroso 2021

 

17.500,00 €

ASOCIACION ACCION SOLIDARIA DE GALICIA

Empoderamento e participación social. Mulleres con moito que dicir

 

4.672,80 €

ASOCIACION CENTINELAS

Competencias para a igualdade

 

20.000,00 €

ASOCIACION DE COACHING PARA EL DESARROLLO SOCIAL Y COMUNITARIO DALETH

Programa Hexagonal de mulleres en rede

 

17.500,00 €

ASOCIACION DE MULLERES CON DISCAPACIDADE DE GALICIA

Prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero

 

 

10.384,35 €

ASOCIACION EUROEUME

Dinamización das mulleres no medio rural

 

 

11.995,35 €

ASOCIACION MIRABAL

Tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero. Programa Mimosa 2021

 

6.160,00 €

ASOCIACION MULLERES RURAIS AMURUSA

Fomento do emprego. Curso de agricultura ecolóxica e elaboración de conservas.

 

3.380,00 €

ASOCIACION MULLERES RURAIS ARUME DE MELIDE

Obradoiros de fomento do emprego

 

3.276,00 €

ASOCIACION MULLERES RURAIS CERES DE CARBALLO

Fomento do emprego e igualdade de oportunidades. Emprendemento femininio rural

 

 

4.882,50 €

ASOCIACION MULLERES RURAIS DE GALICIA

Fomento do emprego en Igualdade: Muller e emprendemento rural.

 

 

12.480,00 €

ASOCIACION NACIONAL DE MUJERES DE LA PESCA

Programa educativo: A muda xeracional nas mulleres da pesca.

 

 

6.204,00 €

ASOCIACION PARA EL EMPODERAMIENTO DE PERSONAS VULNERABLES Y O RIESGO DE EXCLU- SION

Tratamento integral das persoas en situación de violencia de xénero. Proxecto Avanza para menores vítimas da violencia de xénero.

 

 

4.200,00 €

ASOCIACION POLA IGUALDADE E COEDUCACION

Prevención e identificación da violencia de xénero.

 

8.400,00 €

ASOCIACION PUNTODELAS-SECRETARIA DAS MULLERES

Fomento do Emprego. Axenda Feminista Labrega

 

9.264,00 €

ASOCIACION R. Y C. LOS TILOS

Conciliación e responsabilidades compartidas

 

5.649,80 €

ASOCIACION SOCIO-EDUCATIVA PARA LA EDUCACION (ASEDUC)

Prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero.

 

 

7.464,90 €

ASOCIACION VISIBLES

Fomento da igualdade. Actividades na Costa da

 

5.936,00 €

ASOCIACIONS LABREGAS

Empoderamento e participación social. #Eu participo, e ti?”

 

17.500,00 €

ASOC.PARA A PROMOCION E INTEGRACION DAS MULLERES GALEGAS DO RURAL (AGRA)

Prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero. IDENTIFICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO – Sementando

Igualdade

 

 

8.441,55 €

AVENTEIRA S. COOP. GALEGA

Fomento da igualdade de xénero. Lentes violetas.

 

13.116,88 €

CRUZ ROJA ESPAÑOLA

Programa Intervención con mulleres vítimas da trata

 

 

15.061,86 €

ESTUDOS LABORAIS FEMINISTAS

Fomento da Igualdade de Xénero. Espazo de encontro, sensibilización, visibilización e formación.

 

 

13.634,40 €

F.A.P.A. FERROL Y COMARCA CONCEPCION ARENAL

Prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero.

 

 

22.500,00 €

FEDERACION DE ASOCIACIONS DE MULLERES RURAIS DE GALICIA

Igualdade nas escolas rurais

 

17.249,40 €

FEDERACION GALEGA DE REDEIRAS ARTESAS

Empoderamento e participación social. Xornada boa gobernanza.

 

5.720,00 €

FEDERACION MUNICIPAL ANPAS CEIP CONCELLO SANTIAGO COMPOSTELA

Programa de conciliación

 

 

17.400,00 €

FUNDACION AMIGOS DE GALICIA

Fomento do emprego en Igualdade..

 

 

15.141,36 €

FUNDACION MATRIX, INVESTIGACION Y DESARROLLO SOSTENIBLE Obxecto: Prevención, sensibilización e identificación da violencia de xénero. Barómetro da violencia. Impacto covid  

 

16.660,00 €

FUNDACION MUJERES

Apoio integral a persoas coidadoras no medio rural

 

 

27.200,00 €

HERMANAS OBLATAS DEL SANTISIMO REDENTOR (CASA DE FERROL)

Fomento emprego. Capacitación profesional

 

20.653,99 €

RADIO ECCA FUNDACION CANARIA

Fomento do emprego. Fortalecemento da igualdade na procura do emprego.

 

5.301,76 €

REDE EDUCATIVA DE APOIO LGBTIQ DE GALICIA

Fomento da Igualdade. Accións pola diversidade sexual, de xénero e familiar.

 

 

4.872,00 €

  TOTAL CONCEDIDO                                                                         437.574,07 €

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.