Felipe Rivas recibiu no Vello Cárcere a un grupo de estudantes de FP que fixeron as prácticas en Lugo

No acto participaron estudantes de prácticas do programa Erasmus para Formación Profesional, procedentes de Braga

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, recibiu no Vello Cárcere a un grupo de estudantes de Formación Profesional procedentes da Escola Profissional do Minho de Braga, Portugal, que realizaron as prácticas en empresas da cidade de Lugo. Felipe Rivas agradeceu ao grupo de 8 estudantes «que escolleran Lugo para rematar os seus estudos», e parabenizou ás tres participantes que decidiron quedar a traballar en empresas da cidade.

As prácticas que desenvolveron na cidade foron as correspondentes ás titulacións de Técnico Masaxista, Técnico en Deseño de Moda e Técnico en Organización de Eventos, que tiveron lugar nas empresas Ikigai Centro Holístico, Fisolife Lugo, Taller de Costura Camelia 2, Montse Arias Deseñadora, Tina Cortón Deseñadora e Alenti Soluciones para Eventos. As prácticas foron coordinadas polo profesor Oscar Costa da Escola de Braga.

Esta actividade foi coordinada pola entidade de ámbito galego YOUTH NEET SOLUTIONS NGO, asociación sen ánimo de lucro que, entre outras actividades de apoio á xuventude, organiza periodos de mobilidade Erasmus de alumnos galegos en Europa e de alumnos europeos na Galiza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.