Grupo F. Por @DulceCorcu

A Eurocopa non está a ser, de momento, nada que non entrase nun guión previsible e tirando a aburrido, quizais coa salvedade da emoción que puxo España, incapaz de clasificarse ata o último partido diante dunha débil Eslovaquia para salvar os mobles e  pasar a oitavos, onde por primeira vez xogará a domicilio e contra Croacia. Todo o que non houbo nos cinco grupos restantes, atopouse no F, o denominado da «morte» con Alemania, Francia, Portugal e Hungría. Fútbol en estado puro, estrelas deslumbrantes e, por enriba de todo, espectáculo e a fanfarria desas grandes citas onde para os afeccionados noventa minutos fluctúan entre unha película de terror e unha noite de fogos de artificio.

Dábase por sentado que Hungría era a selección doada, a bicoca que aseguraría tres puntos si ou si, máis as previsións non sempre se cumpren e tanto Francia como Alemania non foron quen de vencerlles. Si o fixo Portugal con Cristiano Ronaldo, «Pichichi» da fase de grupos e infalible desde eses once metros que, por exemplo España, foi incapaz de converter en ningunha das dúas ocasións que tivo. Se o árbitro español Mateu Lahoz non decidise onte asumir a súa cuota habitual de protagonismo agasallando a Francia cun penalti inexistente ao fío do descanso e cando Portugal mandaba no marcador e no campo, quizais o resultado houbese sido outro que o empate final que deixaba aos lusos terceiros clasificados beneficiándose tamén do empate alemán diante dos húngaros, que se adiantaron dúas veces no resultado. Alén diso, quedan os partidos de auténtica final e a eliminación da homófoba Hungría, país que vén de recurtar dereitos ao coletivo LGTBI e cuxo presidente Viktor Orbán, negouse a presenciar o partido da súa selección en Múnich pola polémica coa iluminación das cores do arco iris pola celebración do Día do Orgullo Gay que a UEFA impediu pero, que nun auténtico «efecto Streisand» provocou toda unha onda de solidariedade e visibilidade coa comunidade LGTBI en redes sociais e outro ámbitos. En Alemania alumeando parte dos campos da Bundesliga e importantes Concellos do país. Tamén as celebracións dos goles alemáns tiveron xestos contra a homofobia húngura.  O porteiro Manuel Neuer, pola súa parte, será multado por levar un braceiro con esas características cores porque, segundo a UEFA, iso é política é eles son «neutrais». Como se cercenar dereitos, oprimir e reprimir por condición sexual fose algo sobre o que puidese unha institución permitir «neutralidade». Todo iso puxo ao descuberto o Grupo F: o fútbol, os dereitos e liberdades, os inimigos a combater tamén fóra dos terreos de xogo e moi especialmente a categoría dunhas seleccións implicadas en moito máis que entreter, desputando cada partido como se fose o último. Quen pode dar máis?

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.