Guillermo Budiño, presidente do Consello Regulador da Pataca de Galicia: “Que o consumidor compre o que queira, pero que o que queira sexa iso”

Guillermo Budiño, unha eminencia multidisciplinar, preside desde hai catro anos o Consello Regulador da Pataca de Galicia, que protexe os intereses do máis importante productor, e tamén maior consumidor a do tubérculo a nivel naciona

A longa traxectoria vital e profesional de Guillermo Budiño Cajaraville vai de xeito ineludible vinculada a unha denominación de orixe. Nado en Padrón en 1949, e asentado desde hai exactamente medio século en Xinzo de Limia, de pementos e patacas non hai quen lle tusa. Pero tampouco de cando e onde deben prantarse e en que condicións. O currículum é de auténtico home do Renacemento de Da Vinci: Cruz da Orde Oficial ao Mérito Agrícola e Premio Nacional da AEMET (Agencia Española de Meteorología), algo que somentes pode acadar un entre dous mil candidatos. Desde hai catro anos é, ademáis, o Presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia, o órgano encargado de supervisar e protexer o mellor tubérculo patrio e velar polo cumprimento dunhas normas e cánones que manteñan a Galicia como referente cuantitativo e cualitativo no sector.

¿Cal é a saúde actual da pataca galega?

Excelente, estamos nun gran momento, aínda que por suposto sempre hai capacidade para mellorar.

Nun mundo e mercado globais, no que tódolos productos de calidade viven a ameaza ou desafío da competencia a precios máis baixos en detrimento da calidade, ¿como sobrevive se inserta nese contexto?

Á IXP Pataca de Galicia non lle fai dano, porque ten un control e sae caro producila. Non hai esa competencia, porque noutras zonas non queren acarrear con eses gastos da pataca galega. Iso si, hai dúas campañas tivo que intervenir e botar unha man a Consellería de Medio Rural, porque os agricultores apenas tiñan excedentes, e nós en febrero agotamos existencias. A campaña entre 2019 e 2020 foi a mellor da década e agora aínda as imos superar.

Chama a atención, como consumidor e galego, que un atope e grandes superficies comerciais tanta pataca foránea e sexa incluso compricado mercar a nosa…

A pataca galega en xeral é espectacular e estamos nun momento económico duro. O prezo é inferior, pero quen a compra xa sabe o que hai e que é máis cara.

¿Por que é necesario un Consello Regulador e cales son as funcións do IXP Pataca de Galicia?

IXP oferta unha garantía total de calidade e fai cumprir o regulamento. Ao mesmo tempo actúa e inspecciona, e de vez en cando pode atopar algún fraude. Teñen aparecido patacas mencionadas como pataca galega e de calidade, pero que non o eran. Un tema a ter moi en conta é a hostalaría: piden patacas, pero cando queren un viño piden un Albariño, un Valdeorras… e hai un mundo dentro da propia pataca. Agora mesmo, xa podemos dicir que as variedades Kennebec, agria e fina de Carballo están dentro do IXP, e seguimos a batir récords.

¿Teñen actuado en moitos fraudes?

É algo que está mellorar, grazas ás inspección. O índice, afortunadamente, é mínimo.

¿Que mensaxe mandaría aos consumidores?

Sempre que atopen un indicio de fraude, que se poñan en contacto. Que compren o que queiran, pero que queiran que sexa iso. Quen queira pataca común, pois que a leve.

Vostedes están en matrimonio permanente coa tortilla, e a de Betanzos está a conquistar alén das nosas fronteras, ¿de que xeito inflúe unha boa pataca nunha boa tortilla?

Se a uva non é boa, non pode haber enólogo que faga un bo viño. A tortilla é principalmente pataca e ovo, e a mellor pataca é a galega.

Patata galega da Limia

¿Cal é a mellor pataca para unha boa tortilla?

A mellor é a Kennebec.

¿Que novidades deixa este ano a nivel regulación europea?

A pataca de Galicia está amparada en calquera punto de Galicia. Calquera productor, agricultor… cumprindo a regulamentación, queda amparado. A segunda novidade é a entrada da pataca agria e a fina da zona de Carballo.

¿Cal é o consumo medio anual de patacas por cabeza dos galegos?

Cen kilos, aproximadamente. Galicia é o primeiro consumidor nacional de pataca.

A pataca, en países como Irlanda, ten sido o principal motor da economía. Vendo consumos de fast food ou hábitos noutra dirección dos máis pequenos, ¿cre que é necesaria unha labor divulgativa?

Sen lugar a dúbidas, estamos a dar charlas naqueles institutos que o piden. De tódolos xeitos, nós xa temos dúas freidoras e dúas firmas autorizadas para pataca fritida.

E o mellor uso da pataca é…

No polbo á feira. Cocelo e no mesmo auga que deixa o polbo facer a pataca.

 

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.