Instan á Conselleira de Medio Ambiente a “lavar a mancha no historial da APLU pola súa complacencia coas ilegalidades da “cidade deportiva” do Celta”

Ecoloxistas en Acción dirixíuse á Dna Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente para dar conta da grave situación acontecida coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, departamento de competencia da conselleira

A mediado do ano 2020 a asociación Ecoloxistas en Acción Galiza acudiu á via administrativa para denunciar o acordo da xunta de goberno local do concello de Mos sobre o outorgamento ao Club Celta de Vigo S.A.D. de varias licenzas de obras para a construción de campos de fútbol, vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles en solo rústico de especial protección na parroquia de Pereiras. A pesar das evidencias de ilegalidades o Concello de Mos inadmite a solicitude de inicio de expediente de revisión de oficio de ditas licenzas realizada pola organización ecoloxista.

A finais do pasado ano, ante a contestación do conncelo de Mos, Ecoloxistas en Acción acude á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) en vista da documentación recompilada sobre as licencias municipais directas otorgadas para a construcción da cidade deportiva do Celta. Unha documentación que facía prever a ilegalidade da licenza de obras outorgada en xunta de goberno local do concello de Mos. Así a entidade ecoloxista dirixiú daquela escrito á APLU advertindo da situación e expondo que as obras da cidade deportiva presentan un exceso de edificación e que son promovidas polo concello citado.

A APLU respondeu o seguinte á denuncia tramitada por Ecoloxistas en Acción: “Solicitada información ao Concello de Mos sobre a existencia de título habilitante de natureza urbanística que ampare as obras obxecto de investigación, o 06/10/2020 o concelleiro do Concello de Mos remite copia da licenza de obras concedida o 31/10/2019 pola Xunta de Goberno Local do Concello de Mos ao Real Club Celta de Vigo, SAD, para a construción de vestiarios e instalacións auxiliares imprescindibles na parroquia de Pereiras. Por todo o anterior, procede arquivar a denuncia formulada, toda vez que consta título habilitante de natureza urbanística que ampara a execución das obras”.

A organización ecoloxista salienta que a cuestión de fondo non era a existencia ou non de título habilitante senon, e como di a propia maxistrada xuíz titular do Xulgado do contencioso administrativo nº 3 de Pontevedra na sentenza 00197/2021 publicada recentemente, “determinar se os acordos municipais discutidos aquí […], amparan ou non unha implantación por unha entidade privada dunhas instalacións en chan rústico […]”, extremo que a APLU non considerou resolvendo o arquivo da denuncia dos ecoloxistas.

Ecoloxistas en Acción resalta o contraste entre a complacencia da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística coas obras ilegais e a contundente sentencia do xulgado do contencioso nº3 de Pontevedra que declara fóra de ordenamento xurídico as obras da cidade deportiva do Celta.

O desentendemento da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ante as denuncias presentadas por Ecoloxistas en Acción fai que a reputación da axencia quede en entredito ante a condena dictada pola Xustiza que anula a licenza de obra outorgada pola xunta de goberno local. A organización ecoloxista sinala que a APLU se negou a tan siquera atender a petición de realizar unha inspección visual das obras.

Ante a sentencia dictada, a asociación Ecoloxistas en Acción solicita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, órgano administrativo do que depende a APLU, a retractación sobre o arquivo do expediente solicitado e o recoñecemento público da irresponsabilidade na que incorreu non cumprindo o mandato legal administrativo de revisión de oficio dunha licenza de obra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.