Morren 4.000 galiñas no incendio declarado nunha granxa en Tomiño

Segundo a estimativa do propietario da granxa, aproximadamente 4.000 aves perderon a vida como consecuencia dun incendio declarado nunha nave dedicada á explotación avícola no lugar da Salgosa, no municipio pontevedrés de Tomiño

O lume orixinouse nun pendello próximo á granxa e as lapas estendéronse rapidamente á nave onde estaban almacenadas as aves.

O 112 Galicia recibiu a alerta a través das chamadas de varios veciños da zona ás 23:15 horas. Decontado, os xestores do 112 pasaron aviso aos Bombeiros do Porriño e de Vigo e tamén aos efectivos do GES da Guarda.

Unha vez no lugar, os equipos de extinción traballaron arreo para conter o lume que provocou algúns danos estruturais. Por precaución, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais de urxencias sanitarias, pero malia que ningunha persoa resultou ferida, pereceron as 4.000 galiñas que habitaban a granxa.

Para prestar apoio aos equipos de intervención, desde o 112 avisouse tamén á Garda Civil, aos membros de Protección Civil de Tomiño e ás autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.