#NoMeToquesLosTacones tendencia en redes en apoio a Víctor Vela, un xoven protagonista da IV Asemblea Cidadá de Podemos por calzar tacóns

 «A persecución que sufrín en redes mostra o odio e os prexuízos que todavía existen no noso país. Temos que seguir avanzando cara a unha sociedade na que cada persoa poida ser e mostrarse ao mundo como queira. É de xustiza.» comenta Víctor

Alcorcón deu acollida, durante esta fin de semana, á IV Asemblea Cidadá de Podemos. Ione Belarra saía elexida como nova Secretaria Xeral da organización, acompañada dun equipo de dirección entre o cal se atopan cinco galegos.

Esta asemellaba ser a noticia do día, máis a aparición en tacóns do mestre de ceremonias, Víctor Vela, causou rebumbio nas redes, chegando a saír en medios escritos e audiovisuais de todo o estado. As redes enchéronse de críticas e burlas ao seu modo de vestir, un feito que en pleno 2021 tería que pasar desapercibido.

«A persecución que sufrín en redes mostra o odio e os prexuízos que todavía existen no noso país» engade Víctor Vela, integrante de Rebeldía e membro da executiva de Podem Catalunya. «Temos que seguir avanzando cara a unha sociedade na que cada persoa poida ser e mostrarse ao mundo como queira. É de xustiza» conclúe.

Desde a organización xuvenil de Podemos, Rebeldía, na que Víctor participa, sinalan que “este feito non pode pasar desapercibido”; por iso quixeron mostrar unidade e iniciar unha campaña de apoio ao seu compañeiro baixo o lema «NoMeToquesLosTacones», que durante esta mañá foi tendencia nas redes sociais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.