O BNG chama á mobilización enfronte ao BBVA da rúa da Raíña de Lugo contra os abusos bancarios

A deputada Olalla Rodil“desde o BNG defendemos o dereito a poder ir a unha oficina bancaria, a ser atendido por unha persoa”

O BNG fai un chamamento a participar na concentración deste mércores, 16 de xuño, ás 11 horas na Rúa da Raíña de Lugo enfronte ao BBVA pola defensa dun sistema bancario xusto, no que se freen as abusivas e malas prácticas bancarias  e esixindo ao Goberno español e a Xunta de Galiza que non vendan os dereitos das galegas e galegos as grandes corporacións bancarias.

A deputada por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, alentou á participación nesta concentración no que subliñou que “desde o BNG defendemos o dereito a poder ir a unha oficina bancaria, a ser atendido por unha persoa, apostamos polo impulso dunha banca pública galega para contar cun servizo e fórmulas que revertan nos intereses do país”.

Olalla Rodil sinalou que despois da crise financeira do 2008 “moitas entidades financeiras foron rescatadas con diñeiro público, as que non devolveron nin un só euro, e agora, pechan oficinas e deixan a moitos concellos sin un só banco a onde poder ir” polo que a deputada recalcou que “animamos a participar a toda veciñanza a frear esta perda de dereitos en favor do beneficio do negocio da banca” dixo Rodil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.