O Concello de Oleiros anuncia o remate de todas as obras na N-VI

O Concello de Oleiros rematou esta semana as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na N-VI, que dunha duración inicial de 4 meses reducíronse a un mes ao obrigar á empresa adxudicataria a dobrar quendas de traballo. Tan só falta por concluír un entronque na rúa das Garridas, pero que en ningún caso afecta nin á N-VI nin á circulación por esta estrada

«O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana non ten ningunha escusa para continuar coas obras de construción do túnel de Sol y Mar. A deixadez e falta de control sobre a empresa adxudicataria desta obra por parte do Ministerio está a provocar graves colapsos circulatorios en todos os accesos á cidade da Coruña» denuncian dende o concello.

O Concello de Oleiros solicita a toda a cidadanía da comarca da Coruña que «participe na campaña iniciada na plataforma change.org para esixir ao ministro de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana que ordene á empresa adxudicataria da obra de Sol y Mar dobrar quendas de traballo e acelerar o ritmo de construción para reducir os tempos de execución». Na petición tamén se demanda que o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana realice todos os trámites necesarios para contratar a ampliación da Ponte Pasaxe con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia, para que se execute tan pronto como finalice o túnel de Sol y Mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.