O Concello de Pontevedra súmase ao ‘apagón’ na noite do sábado polo Día Mundial do Medio Ambiente

O Concello de Pontevedra unirase este sábado 5 de xuño ao ‘apagón’ convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente e ao que tamén se sumaron outros 22 concellos

Segundo sinala o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, a partir das 23:00 horas suspenderase a iluminación pública da Casa Consistorial coa finalidade de concienciar sobre o consumo enerxético, dentro dunha acción encadrada no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.