O festival Atlantic Pride volve a A Coruña

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou a segunda edición dun “festival con identidade propia”, que terá lugar o 3 de xullo no Teatro Colón nunha versión adaptada á situación sociosanitaria

A concelleira de Igualdade, Yoya Neira, presentou este mediodía no Teatro Colón xunto aos organizadores Iván Cervo e César Pérez a segunda edición do Atlantic Pride, un evento que formará parte da programación do Orgullo. A edila sinalou que o Goberno de Inés Rey se pon unha vez máis ao lado da creación cultural da cidade e da visibilización do colectivo LGTBI para retomar unha cita, que terá lugar o 3 de xullo, adaptada á situación sociosanitaria actual.

Deste xeito, ofrecerase unha versión máis lixeira e dun único día en que actuarán no Colón Marta Sango, Yogurinha Borova, Nenita Danger e Xenon Spain. Neira destacou que se trata dun festival con identidade propia que promove o activismo a través do lecer, a cultura e a festa.

O festival comezou a súa andaina en 2018 cun evento no Teatro Colón, mais foi un ano despois cando cobrou especial relevancia, segundo contou a edila, que recordou que nesa entrega se congregaron miles de persoas entorno aos tres escenarios musicais e á distinta oferta cultural que se programou durante esa semana. En 2020, o Concello quixo situalo no panorama nacional canto a programación de contido LGTBI, mais tivo que ser suspendido pola pandemia.

Meses antes, o Atlantic Pride foi un dos reclamos cos que o Concello tratou de atraer a novas e novos visitantes na edición de Fitur que se celebrou en xaneiro.

Ademais, o ano pasado foi nomeado a dúas categorías dos Iberian Festival Awards, como mellor festival pequeno e mellor festival novo, nas que quedou de finalista.

As entradas poderanse adquirir en corunacultura.sacatuentrada.es.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.