Olalla Rodil: “Na provincia de Lugo pecháronse máis de 100 oficinas bancarias”

O Bloque celebrou unha concentración simbólica diante da oficina do BBVA da rúa da Raíña contra os abusos bancarios
O BNG organizou unha concentración simbólica diante da oficina do BBVA da rúa da Raíña de Lugo denunciando os abusos bancarios, na que se esixiu ao Goberno de Estado como á Xunta que apliquen medidas para frear esta dinámica empresarial.
A deputada do BNG por Lugo no Parlamento galego, Olalla Rodil, destacou que o sector financeiro “está a deixar sen acceso á sociedade a un servizo fundamental, no que a través das reducións de horarios para tramitar de forma presencial e a priorización da atención telemática están expulsando a milleiros de persoas” sinalou Rodil.
No caso da provincia de Lugo, esta reestruturación do sector bancario vense levado con peches de oficinas , o que “pecharon máis de 100 oficinas xa, como por exemplo Samos, Begonte, ou o caso do Deutsche Bank da cidade de Lugo, a única oficina de toda a provincia” sinalou Olalla Rodil
Ante estas novas fórmulas de traballo da banca, a deputada destacou que “na anterior crise a banca foi rescatada con diñeiro público, o cal non devolveu nin un só euro, e para máis, agora exclúe a milleiros de persoas e concéntranse para asegurar un maior beneficio” dixo Rodil.
Desde o BNG impulsáronse iniciativas para garantir o dereito a seren atendidos a través das oficinas de xeito presencial e non limitar os dereitos como consumidores e usuarios, ao que Olalla Rodil fixo fincapé en que “temos dereito a ser atendidos por persoas e contar con servizos nas oficinas”.