Os Campionatos Xunta de Galicia de XCO e Eliminator comparten cartel na Xaxanbike

Tres eventos comparten escenario esta fin de semana, e en dous deles repartiranse maillots de campións de Galicia. A Xaxanbike reúne no circuíto de Chan de Gagán ás grandes citas autonómicas do Cross Country Olímpico e do Eliminator, así como unha proba do calendario de Mini BTT. Preto de 700 bikers participarán na dobre xornada organizada en Marín polo XSM Club Ciclista

O Mini BTT arrancará o sábado ás 09:30 horas e exercerá de aperitivo para o primeiro Campionato Xunta de Galicia da fin de semana. Pola tarde no trazado de Chan de Gagán, cunha lonxitude de 2.600 metros e catalogado como duro, poranse os xogos os títulos de XCO. Cinco categorías entrarán en acción na quenda que comeza ás 17:00 horas: Cadete masculina, Máster-40, Máster-50/60, Cadete feminina e Máster Feminina. A segunda serie de saídas activarase ás 18:30 e disputaranse outras cinco carreiras: Elite-Sub23 masculina, Júnior masculina, Máster-30, Elite-Sub23 feminina, Júnior feminina.

Despois de suspenderse no 2020 por mor da pandemia, a proba na que se deciden as coroas autonómicas de XCO regresa ao calendario. O pasado ano tampouco se disputou o Campionato de Galicia de Eliminator, unha especialidade coa que o domingo se pechará a Xaxanbike.

O trazado preparado polo XSM para o Eliminator supera lixeiramente os 700 metros. Esta explosiva competición comezará ás 09:30 horas e as bikers e os bikers competirán polos títulos absolutos feminino e masculino. Infantís e Cadetes participan como categorías de promoción.

A Xaxanbike 2021 celebrarase público e ofrece aos inscritos nos Campionatos de Galicia a opción de someterse a un cribado gratuíto o sábado pola mañá. Esta festa do BTT foi presentada nun acto ao que asistiron Antonio Caíña Fortes, coordinador de Deportes do Concello de Marín; Irene Trabazo, presidenta do XSM; Carmen Piñeiro, representante da Comunidade de Montes de San Tomé de Piñeiro; Juan Carlos Muñiz, presidente da FCG; e Alberto del Río, delegado protocolo COVID.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.