Os fans de Víctor Manuel aplauden na súa páxina de Facebook a canción con Silvia Penide e o novo videoclip

“El efecto boomerang” é a canción que comparten ambos cantautores. O videoclip cheo de apertas chegadas de múltiples puntos do planeta está emocionando a afección. Máis de 650 “me  gusta” na páxina oficial de Facebook de Víctor Manuel no post que comparte a canción

Que unha canción chegue a emocionar a quen a escoita é unha das mellores sensacións para as persoas que a compoñen e a interpretan. Iso está a suceder con “El efecto boomerang”, unha canción de Silvia Penide que gañou unha nova dimensión ao editarse coa colaboración de Víctor Manuel. A producción da mesma correo a cargo de David San José, nun traballo cheo de matices e arranxos que acertan ao 100%

A pasada fin de semana o Facebook oficial de Víctor Manuel compartía nunha publicación e o vídeo da canción e a reacción foi medrando nos seguintes días, ata conseguir máis de 650 me gusta a día de hoxe e frases de fans como: Bueeeenoooo, si la hubiera estado escuchando en vinilo… ya lo tendría rayado”.

A montaxe do vídeo correu a cargo de Lara Capeáns que tamén chorou moito na montaxe do mesmo porque as apertas que compoñen todo o vídeo fóronse recibindo pouco a pouco ao longo dos días e resulta case inevitable ver a xente de todas as idades, condicións sexuais (algo que tamen reivindica o vídeo)… vanse unindo coa música resulta realemente emotivo.

Como anécdota final, comentar que no vídeo hay una nai que da unha aperta ao seu fillo e que está embarazada. Chegou xa esa nova vida ao mundo case de forma simultánea ao lanzamento do videoclip.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *