Os socialistas de Abadín demandan axudas para ás familias por nacementos, adopcións ou acollementos

Pablo Díaz explica que “rexistramos esta proposta, asumindo as dificultades que ten o noso concello para fixar poboación, e tentando presentar iniciativas que contribúan a reverter esta situación”

Os socialistas de Abadín demanda axudas ao Concello para que incentive prestacións económicas destinadas ás familias por nacementos, adopcións ou acollemento. Así o anunciou o Voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz, quen rexistrou unha moción no Concello sobre este asunto.

Díaz explica que “rexistramos esta proposta, asumindo as dificultades que ten o noso concello para fixar poboación, e tentando presentar iniciativas que contribúan a reverter esta situación que tanto nos afecta. Por iso demandamos ao Concello que habilite axudas económicas para evitar o despoboamento na nosa vila”.

Dende a Agrupación Socialista de Abadín sinalan ademais que na maioría de Concellos da contorna “xa están habilitadas estas axudas, polo tanto entendemos que é unha iniciativa completamente viable”, sinalan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.