Os socialistas do Caurel preguntarán no vindeiro Pleno pola limpeza e o acondicionamento de camiños municipais tralo incendio de Ferreirós de Abaixo

A Voceira Socialista de Folgoso do Caurel, Carmen Álvarez preguntará no vindeiro pleno pola limpeza dos camiños en Ferreiros de Abaixo, tralo incendio que aconteceu o pasado 12 de xuño. Este é xa o terceiro incendio que se produce en Folgoso do Courel este ano 2021, os que aconteceron entre finais de marzo e principios de abril, resultando un total queimado de 310 hectáreas

Carmen Álvarez lembra que o Grupo Parlamentario Socialista xa rexistrou iniciativas na Cámara Autonómica sobre este asunto. Explica que o pasado sábado 12 de xuño declarouse un incendio en Folgoso do Courel,  no que as nove da mañá o incendio xa calcinara 105 hectáreas e seguía activo, resultando un total queimado de 185 hectáreas, segundo a Consellería de Medio Rural das cales 40 son arboradas. Ademais remarca que este lume comezaba na localidade de Ferreiros de Abaixo, acercándose perigosamente ás vivendas. E segundo a mesma fonte participaron nas tarefas de extinción trinta e dous brigadas forestais, once axentes, un técnico, catorce motobombas, unha pala, oito avións e dous helicópteros.

Así as cousas a Voceira Socialista argumenta que a Agrupación Socialista de Folgoso, “defendeu unha moción no pleno do mes de agosto de 2018, para que se crearan polo menos 2 brigadas antiincendios, 2 condutores de motobomba, e que se dote do material necesario para o desenvolvemento do seu traballo”.

Nesa liña tamén sinala que no pasado mes de decembro do ano 2020, insistiu noutra sesión plenaria, “na necesidade de acondicionar e limpar o camiño no pobo de Ferreirós de Abaixo, onde aconteceu este incendio”.

Actuar naquelas que é prioritario

Álvarez emprazou ao Concello a revisar o estado actual da limpeza de camiños do Concello de Folgoso do Caurel. “A través do Plan Marco para a mellora das estradas de titularidade municipal, o noso Concello ten unha ferramenta útil para a mellora e o acondicionamento así como a limpeza dos nosos camiños. Por iso insistimos na necesidade de actualizar o listado das nosas estradas, co fin que se actúen naquelas que é prioritario”, resumiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.