Paloma Castro critica a “nefasta” xestión da Tarxeta Xove da Xunta logo de acumular retrasos de ata 2 meses na súa activación

Denuncia a “falla total de sensibilidade” do goberno da Xunta sobre un sector da poboación “que é o futuro do noso país”

A voceira de Xuventude do Grupo Socialista, Paloma Castro, criticou a “nefasta” xestión da Tarxeta Xove da Xunta, logo de que esta acumulase retrasos para a súa activación de ata dous meses. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Xuventude, do Parlamento de Galicia, trala comparecencia da directora xeral deste ramo.

“Non podemos entender que, a estas alturas e coa situación na que nos atopamos, poidan pasar cousas como que se requira a presencialidade para acceder a un código que permita activar unha tarxeta”, censurou a voceira, aludindo á incongruencia dun servizo que acumulou “longas colas” e produciu un “colapso da administración” en plena pandemia. Isto, sinalou, connota o “desleixo” do goberno galego con respecto á mocidade.

Ao fío disto, Castro denunciou a “falla total de sensibilidade” do goberno da Xunta sobre un sector da poboación “que é o futuro do país”. Así, lamentou que a partida destinada á mocidade se reducise este ano con respecto ao anterior, o que é “incomprensible”, xa que a mocidade foi “gravemente golpeada pola pandemia”.

Un paro xuvenil disparado ata o 37% en Galicia durante o primeiro trimestre deste ano e uns traballos “escasos” e “precarios”, subliñou, provocaron “a volta á casa de moitas persoas novas”. De feito, sinalou, “só o 18,6% das persoas entre 16 e 29 anos está a residir nun fogar independente”.

En canto aos programas de verán, a vicevoceira socialista lamentou que, logo de 25 anos, a oferta siga sendo a mesma, o que “demostra a falla de interese por estes programas, limitándose a unha mera xestión”. Neste senso, propuxo a incorporación de programas de sensibilización sobre igualdade ou de concienciación medio ambiental que sexan “complementarias con outras de carácter físico” e “enriquecedoras a nivel persoal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.