Galicia lidera a baixada do paro con un 3,20% menos de desempregados que no mes de abril

Rematou o mes de maio con 165.306 persas anotadas no SEPE como desempregadas en Galiza, un 3,20% menos que no mes de abril; na media do estado o descendo do desemprego acadou un 3,31%, descenso lixeiramente superior ao rexistrado en Galiza.

O dato é semellante ao de outros anos para o mesmo período, é habitual que o mes de maio sexa o primeiro onde se rexistra unha caída importante do desemprego ligado ao aumento da contratación no sector servizos; este ano non foi unha excepción de feito, das 5.472 persoas nas que descendeu o desemprego, o 74% foi no sector servizos.

Tamén se constata este dato no seguimento da contratación, dos 66.532 contratos rexistrados en Galiza, o 73% rexistráronse en algunha das actividades relacionadas co sector servizos; onde, por outra parte se rexistra unha temporalidade maior; a saber, dos total de contratos do mes de maio, tan só o 9,6% se rexistraron baixo algunha modalidade de contratación indefinida, no caso do sector servizos dista porcentaxe descende ao 8,8%.

No resto dos sectores tamén descendeu o desemprego, pero nunha cuantía inferior.

Paro rexistrado por sectores.

Sectores 2020 2021 Evolución
Febreiro Abril Maio Mensual Maio2021/

febreiro2020

S primario 6029 5916 5855 –    61 -174
Industria              18.297            19.520              18.993 –  527                696
Construción              13.613            12.574              11.986 –  588 – 1.627
Servizos            114.987          120.566           116.500 –  4.066            1.513
Sen emprego anterior              13.303            12.202              11.972 –  230 – 1.331

Fonte: SEPE

A nivel provincial, son as provincias atlánticas as que rexistran os maiores descensos en termos absolutos, aínda que en todas elas se producen caídas.

Paro rexistrado por provincias.

persoas  paradas 2020 2021 Evolución
Febreiro Abril Maio Mensual Maio2021/

febreiro2020

A coruña              66.516            68.535              66.363 – 2.172 –   153
Lugo              16.265            17.002              16.185 –    817 –     80
Ourense              18.397            19.121              18.690 –    431      293
Pontevedra              65.051            66.120              64.068 – 2.052 –    983
Total            166.229          170.778           165.306 –  5.472 – 923

Fonte: SEPE

No que atinxe ao sexo das persoas desempregadas, no último mes, o descenso foi lixeiramente superior entre os homes que entre as mulleres. Este feito parece confirmar, o que desde a CIG vimos denunciando desde o inicio da pandemia: que a crise xerada pola pandemia está prexudicando especialmente as mulleres; de feito se comparamos cos datos do mes de febreiro do ano 2020, o anterior á pandemia, hai máis mulleres paradas que nesta data, en cambio entre os homes, o número de parados descendeu.

Paro rexistrado por sexo.

               2.020                                                2.021   Evolución
Sexo Febreiro abril Maio Mensual Maio2021/

febreiro2020

Homes              71.438            71.971              69.139 – 2.832 – 2.299
Mulleres              94.791            98.807              96.167 – 2.640            1.376

Fonte: SEPE

 

A afiliación á Seguridade social aumentou en 8.534 persoas, sedo a provincia de A Coruña onde se rexistrou un maior incremetno.

Afiliación á SS 2020 2021 Evolución
Febreiro Abril Maio Mensual Maio2021/

febreiro2020

A coruña            434.745          430.210 433.952            3.742 – 793
Lugo            121.313          119.681 120.606                925 –  707
Ourense            102.218          100.694 101.616                922 – 602
Pontevedra            354.077          351.409 354.354            2.945                277
Total        1.012.353      1.001.994 1.010.528            8.534 – 1.825

Un mes máis nos atopamos cunha forte disparidade entre o descenso das persoas afiliadas á seguridade social e o descenso das paradas rexistradas, o que fai sospeitar da veracidade dos datos do paro rexistrado. De  feito, no último mes de abril, máis da metade das baixas nas demandas de emprego en Galiza non foron por atopar traballo, senón por outras razóns, entre elas o fín da renovación automática do paro…, polo que o dato de persoas paradas en Galiza pode ser sustancialmente superior ao de inscritas nas oficinas do SEPE.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.