Patricia Otero reclamará no Parlamento que se repoña o servizo de radioloxía no Hospital da Mariña

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero rexistrou unha iniciativa coa que denuncia que neste centro hospitalario hai cinco prazas de radioloxía, pero a día de hoxe o Hospital só conta con tres radiólogos

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero demandará mañá no Parlamento de Galicia, na Comisión 5ª a partir das 10:30 da mañá, a que de xeito urxente se repoña o servizo de radioloxía no hospital da Mariña, cubrindo as dúas prazas de radiólogos que a día de hoxe están vacantes, con persoal estable e garantindo a atención no propio hospital. Así o anunciou hoxe a deputada socialista tras coñecer que existen pacientes que están sendo derivados ao HULA.

Otero lembra que o hospital da Mariña é o hospital de referencia da zona norte da provincia de Lugo “e atende a unha poboación de máis de 70.000 habitantes que se incrementa de xeito exponencial na época de vacacións”. Na iniciativa rexistrada remarca que, “neste centro hospitalario hai cinco prazas de radioloxía, pero a día de hoxe o Hospital só conta con tres radiólogos. No hospital da Mariña dende hai moito tempo existen dúas prazas de radiólogos sen cubrir, despois da xubilación dunha das profesionais e o traslado doutra facultativa”.

Así as cousas a Deputada Autonómica denuncia que “a non cobertura destas prazas é unha mostra máis da degradación constante e do desmantelamento da sanidade pública na comarca da Mariña por parte do Goberno de Feijóo, como xa o denunciamos hai pouco tempo tamén co servizo de cardioloxía”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.