Podemos Galicia presenta mocións municipais para esixir á Xunta a paralización dos plans eólicos

 Podemos Galicia está a presentar mocións municipais para deseñar un plan de transición enerxética xusta e instan á Xunta a decretar unha paralización eólica ata unha nova redacción que cumpra co estipulado na nova Lei de Cambio Climático.

A intención desta iniciativa é protexer o patrimonio natural de Galicia apostando por modelos de transición enerxética que xeneren riqueza para a comunidade e activen a economía local. Ante os constantes incumprimentos ambientais por parte da Xunta de Galicia, solicitan aos concellos a deseñar un plan a nivel municipal para a transición ecolóxica e non deixar en situación de vulnerabilidade paraxes de especial importancia.

De feito, Galicia é a comunidade do Estado Español coa menor superficie protexida baixo figuras como a Rede Natura 2000, a pesar da súa indubidable riqueza natural, feito que propiciou que a Comisión Europea abrira unha investigación.

O secretario xeral de Podemos Galicia, Antón Gómez Reino, explicou este venres que «é crucial que os concellos participen no deseño dunha estratexia de transformación cara unha transición verde e igualitaria para todas».

Gómez Reino asistirá este sábado á manifestación en Santiago de Compostela polo Día do Medio Ambiente. «Temos que defender a nosa terra máis que nunca, ameazada por múltiples proxectos de parques eólicos que pretenden destruír os nosos ecosistemas en beneficio de grandes multinacionais».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.