Pontevedra iluminará a Casa Consistorial de cor turquesa con motivo do Día Nacional da Lingua de Signos

Con motivo da conmemoración do 14 de xuño, Día Nacional da Lingua de Signos (baixo o lema ‘Máis que nunca, máis preto de ti’), a Concellería de Benestar Social e a Organización de Diversidade Sensorial de Galicia ‘Xoga’ levarán a cabo unha nova acción consistente na iluminación nocturna da Casa Consistorial de cor turquesa entre os días 11 de xuño e 15 de xuño.

Asemade, o departamento que dirixe o socialista Marcos Rey tamén colaborará coa colocación dunha lona reivindicativa no balcón do Consistorio este venres 11.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.