Portochao contará con área para autocaravanas, de cumprir María Loureiro co acordo plenario

Aprobada resultou a proposta do BNG de Viveiro para a creación dunha área de autocaravanas e furgonetas camper en Portochao, na finalización do paseo fluvial do Landro

A concelleira do Bloque que defendeu a moción, Míriam Bermúdez, afirmou que “o turismo en autocaravana está totalmente en auxe sendo unha necesidade ampliar a oferta para este sector. Unha proposta con moi baixo custo de implementación neste espazo que xa conta con infraestruturas básicas, sendo tan só necesario un pequeno sistema para a recollida e baleirado de augas así como algunha toma de electricidade”.

Míriam Bermúdez destacou a importacia de consevar este espazo e que, en previsión dunha afluencia maior da recomendable, “haberá que especificar que se trata dunha zona natural e residencial coa que compartir coa veciñanza, estudando incluso a posibilidade de establecer un número limitado de autocaravanas para a súa estancia”.

A concelleira nacionalista recordou en pleno a demanda do BNG proposta ao goberno de María Loureiro xa no 2018, para a creación dun plan ambiental no que actuar ante a invasión de vexetación foránea ao longo de todo o paseo fluvial e en especial en Portochao, onde o «plumacho» está a invadir toda a zona, sendo necesario repoboar a contorna con árbores e arbustos autóctonos.

A moción contou co apoio de todos os grupos da corporación municipal agás o PP que optou por se abster, segundo eles, por non ter o informe dos técnicos municipais aínda despois de que lles fora confirmada a valoración positiva dos mesmos, posicionamento que non se sustenta ao non modificar os usos do lugar, nin como aparcadoiro nin como lugar de ocio.

Por último, Míriam Bermúdez recórdarlle a María Loureiro que “os acordos plenarios están para se cumprir”, e que aínda “están pendentes moitas das propostas e demandas do BNG aprobadas, sendo necesario executalas e pór a andar no concello canto antes”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.