PP de Navia. » O goberno local ten totalmente abandonada a limpeza do noso pobo”

Os populares de Navia de Suarna sinalan que “o pobo nunca estivo tan sucio e descoidado”. Subliñan así “o abandono que está a sufrir a capitalidade do municipio por parte do equipo de goberno local”.

O portavoz popular, Suso Fernández, subliña que “estamos a comezos do verán e as  rúas de Navia están sen varrer, cheas de follas e acumulando sucidade”. Este “total abandono e falta de interese por acondicionar as rúas e beirarrúas”, pode provocar outros problemas coma “a acumulación de auga na vía cando se rexistran fortes choivas coma as das treboadas deste mes de xuño ao estar atascados os sumidoiros de recollida de auga”.

Do mesmo xeito, o popular incide en que “ademais das rúas sucias, as estradas municipais están sen desbrozar. Isto supón unha mala imaxe do noso concello, pero tamén pode supoñer perigos para os usuarios destas vías”.

O popular urxe ao goberno local a “tomar cartas no asunto e actuar de inmediato na limpeza e acondicionamento do noso pobo” tendo en conta que “a actual falta dunha correcta xestión dos asuntos básicos do día a día como poden ser a limpeza e mantemento das vías e espazos verdes do municipio pode supoñer outros problemas”.

Problemas coa traída de auga

Recentemente, os populares de Navia de Suarna denunciaban outro problema dun servizo básico como é o abastecemento de auga. “O goberno local nada fixo para solucionar as deficiencias na traída de auga municipal” porque “os problemas continúan despois de ter investido 100.000 euros na construción dun novo sistema de captación”.

Así o explicou Fernández despois de que os veciños e veciñas sufriran, durante as últimas treboadas, “problemas de turbidez da auga” que impedían o normal desenvolvemento diario nos seus fogares e da actividade hostaleira, principalmente.

 

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.