Proposta para retirar o enreixado que vai dende Lodeiro a Celeiro para crear aparcamentos e carril bici

O BNG de Viveiro propón quitar o enreixado existente que vai desde o antigo Casino até Celeiro para deixar un paso libre, aberto e de uso e desfrute da veciñanza. “Un enreixado que non permite desfrutar da zona portuaria envidiábel coa que contamos, e tamén innecesario ao contar xa os pantaláns cos seus propios peches”

Creación de aparcamentos

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, asegura que quitar esta verxa suporía “unha oportunidade para novos usos públicos, tan só abrindo novos accesos para vehículos e peóns, está a oportunidade de crear aparcamentos nas zonas que están máis perto dos edificios, ambulatorio e comercio”.

Carril bici

Entre as posibilidades que ofrecería abrir este novo espazo, os nacionalistas destacan tamén a “creación dun carril bici que una Viveiro e Celeiro cunha vía cómoda e segura para bicicletas e patíns eléctricos”, afirmou Míriam Bermúdez.

Polo exposto, o BNG de Viveiro propón os seguintes puntos para a aprobación en pleno:

  1. Realizar e acordar con Portos de Galiza e/ou administracións pertinentes, os trámites necesarios para quitar o enreixado instalado na LU-862 que comeza no antigo Casino de Viveiro cara Celeiro.
  2. Solicitar e chegar aos acordos necesarios para a creación de prazas de aparcamento así como abrir novos accesos a este lugar que comuniquen as zonas máis próximas a edificios, Centro de Saúde e comercio da zona con este novo espazo.
  3. Solicitar e chegar aos acordos correspondentes para crear neste tramo un carril bici que una Viveiro e Celeiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.