Rematadas as obras de humanización da intersección das rúas Pedreiras, Porta da Cima e Pita da Veiga de Vilalba

O Concello de Vilalba informou aos seus veciños e veciñas do remate das obras de humanización da intersección das rúas Pedreiras, Porta da Cima e Pita da Veiga, polo que abre de novo á circulación este espazo de conexión entre a vila e o Auditorio Carmen Estévez

A intervención consistiu na ampliación do espazo destinado aos peóns nun lugar onde non existía beirarrúa e polo tanto había un claro risco para a seguridade viaria, nunha parte da vila moi transitada polos veciños da zona e pola presencia do auditorio e a escola de música.

A obra consistiu na instalación dun novo pavimento homoxeneizado nunha composición en plataforma única para peóns e vehículos na que se empregaron materiais como o granito do pais e o formigón, co obxectivo de garantir unha adecuada conservación acorde a o seu uso deste espazo.

Acondicionouse ademais un área de descanso e lecer con bancos, papeleira e fonte, coa instalación dunha pérgola de sombreo para a suxeición de vexetación aromática, que complementa a plantación levada a cabo de arbores de distintas especies (seis jaboneros da China e unha paulownia tormentosa).

Por outra parte, aproveitáronse as obras para facer unha mellora dos servizos urbanos existentes. Substituíronse os colectores de saneamento, instalouse unha nova rede pluviais e tamén una nova rede de subministro eléctrico (ambas inexistentes na zona), reforzándose a rede de abastecemento de auga pública.

Instalouse una nova rede de alumeado público mediante canalizacións e novos farois e mellorouse o alumeado existente na zona. Tamén se levou a cabo a ampliación da rede do servizo de telecomunicacións da área e mellorouse a sinalización vertical e horizontal.

“Agora temos un espazo que semella máis unha praza que unha rúa, onde terán prioridade os peóns e os vehículos só poderán circular a baixa velocidade, sen posibilidade de estacionamento”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas. A intervención afectou a un área de aproximadamente 940 metros cadrados e as obras supuxeron un investimento de 108.084,30 euros.

O Concello de Vilalba ven de sacar a licitación a segunda fase desta intervención coa que se completara a reforma integral da Rúa Pedreiras, unha actuación demandada pola veciñanza na que se levará a completa substitución de pavimentos, ampliación das beirarrúas e mellora dos servizos urbanísticos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.