Rubén Arroxo: «Estamos a construír o Lugo do futuro entre todas e todos»

O Tenente Alcalde destacou que «as veciñas e veciños de Lugo adaptámonos en tempo récord aos cambios de mobilidade da cidade»

O Tenente Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, destacou a boa adaptación da veciñanza aos cambios de tráfico na contorna da Mosqueira. Arroxo declarou que «as  veciñas e veciños de Lugo adaptámonos en tempo récord ao cambio máis grande que a mobilidade experimentou en Lugo nos últimos anos».

«Esta semana demos un paso adiante para construír entre todas e todos o Lugo do futuro, unha cidade cunha mobilidade moito máis amable coas persoas e co medio ambiente e con menos vehículos nas rúas», afirmou Rubén Arroxo.

O edil de Mobilidade agradeceu tamén o traballo realizado por todo o persoal que estivo implicado nas modificacións de tráfico e nos proxectos de peonalización da Mosqueira e de renovación das liñas de bus. Arroxo destacou «a profesionalidade e a capacidade de traballo» das traballadoras e traballadores municipais para levar adiante estes proxectos que deixarán pegada na cidade.

O primeiro día de funcionamento das novas liñas de transporte público aumentou o número de usuarios. A comparación entre o martes 25 de maio e o martes 1 de xuño mostra unha subida de máis de 1300 usuarios, pasando de 6335 o martes 25 a 7661 o pasado martes día 1. Os cambios de tráfico aplicados na contorna da Mosqueira permitiron crear preto dun cento de prazas de estacionamento a poucos minutos do centro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.