Rubén Arroxo presenta as novas liñas á asociación de xubilados e pensionistas de Lugo

A asociación destacou a mellora no servizo que supuxo a reforma das liñas de bus urbano

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas, Alexandre Penas, mantiveron unha xuntanza con integrantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo para presentar as novas liñas de transporte urbano.

O Tenente Alcalde explicou que «as novas liñas melloran as conexións nas distintas zonas da cidade, aumentando as frecuencias e as zonas ás que chega o bus, ao que se une a posibilidade de facer transbordo con pouco tempo de espera, o que facilita chegar en bus urbano a todas as zonas da cidade».

Desde a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo, o presidente Julio Méndez valorou positivamente os cambios realizados no transporte público. Desde a asociación destacan a mellora no que supuxo para a veciñanza o novo modelo de transporte.

Desde a área de Mobilidade do Concello de Lugo estase a colaborar con esta asociación na promoción do uso da Tarxeta Cidadá. Rubén Arroxo lembrou que «a tarxeta permite aforrar ata un 50% no prezo do transporte urbano, e aproveitar as distintas bonificacións para pensionistas, estudantes, persoas con discapacidade ou persoas desempregadas», e afirmou que «Lugo ten o transporte público máis barato do estado para as persoas xubiladas, cun custe de 31 céntimos por billete, e só 10 céntimos no transbordo».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.