Sanidade cribará a uns 600 traballadores do edificio da Delegación Territorial en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que por prevención se farán PCR aos empregados trala detección dun brote con oito positivos

A Consellería de Sanidade fará un cribado aos aproximadamente 600 traballadores do edificio da Delegación Territorial da Xunta, despois de detectar un brote de oito positivos, sete deles en Política Social e un na Amtega. Así o comunicou hoxe o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen sinalou que “aínda que nun primeiro momento se decidiu limitar o cribado á planta baixa, na que se detectaron estes positivos, finalmente e por prevención, as probas realizaranse a todos os traballadores do edificio administrativo da Xunta, aproximadamente uns 600”.

Esta mañá, a secretaria territorial, Marta Barreiro; xunto aos xefes territoriais de Sanidade e Presidencia, Begoña Seco e Gerardo Criado, respectivamente, mantiveron unha reunión coa Xunta de Persoal para comunicarlles a situación, aínda que onte xa se lles informou da aparición de casos nos citados servizos.

Arias Fouz sinalou que estas medidas se están a tomar por seguridade e prevención e para manter o gromo controlado, tal e como se fixo no IGVS, servizo situado noutro edificio. De feito, trala detección do caso positivo dun traballador, optouse por facer cribado na súa planta, con resultados negativos en todas as probas realizadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.