Sergio Morales. “O día seguinte á votación do Brexit servinlle a comida a Boris Johnson e díxenlle ‘a ver que facedes agora sen nós”

Sergio Morales España leva case dous anos vivindo en Bratislava, onde chegou despois de cinco en Londres exercendo de fillo e protagonista da migración, representante da fuga de cerebros nun país no que precisamente agora medra o discurso anti inmigración
Cando o pasado mércores a Selección Española estaba a piques de xogar o seu pase a oitavos de final da Eurocopa, o seu rival, Eslovaquia, compricaba a maquinaria de reportaxes de españois polo mundo: o cadro costumbrista de migrado patrio rojigualda en man e sufrindo pola falta de xamón ibérico. Sergio Morales España (A Coruña, 1987) cumpría ata nos apelidos con algúns dos requisitos. Sen embargo, cando deixou de ser noticia por ter visto nunha cervexaría de Bratislava o partido, é cando máis interesante se voltaba a súa historia. Alí leva vivindo e traballando para unha empresa informática desde 2019. Os cinco anos anteriores debutou como ‘internacional’ na cidade máis cosmopolita do mundo: Londres. Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración, hai anos que se deu conta que o seu país de adopción non lle brindaba futuro. É o galego migratorio 2.0: representante da que alguén calificou de xeración máis preparada da historia, pero tamén víctima dos abusos que deron na crise posterior a 2008, e tamén desa que desde o propio goberno destado calificaron de “aventureiros” en lugar de persoas sen futuro en busca dunha oportunidade ou recoñecemento.
¿Existe a morriña ou vai desaparecendo con cada novo paso?
Iso da morriña existe sobre todo en nós. Ti notas máis diferencias nese sentemento que noutra xente, pero tamén xente que pensabas que era moi distinta ao final é máis semellante do que cres.
¿Doelle España tanto como a algúns?
A política e certas costumes xa se eran ridículas desde dentro. Sinceramente, creo que co da clase política sempre pensamos que somos uns idiotas e votamos fatal, que votamos aos ladróns, pero ao final son iguais en todas partes. En Inglaterra non hai tanta corrupción, pero ves aos inútiles que gobernan…
Atribuida a Unamuno, unha cita moi recurrida e recurrente é a de “o fascismo cúrase lendo e o racismo viaxando”
É unha tontería. Hai moitos fascistas moi cultos. Creo que o problema é máis de educación e empatía… ¿cantos idiotas hai racistas?
Vostede ten vivido no Reino Unido pre e post Brexit…
O día seguinte á votación do Brexit eu servinlle a comida a Boris Johnson, e lle dixen algo así como “a ver que facedes agora sen nós”. Respondeu: “we Will sort it out” (solucionaremos o problema).
¿Cal é o fallo da Unión Europea para que non acabe de funcionar como tal?
A natureza do Reino Unido non se pode comparar, pero o Brexit foi unha decisión puramente económica. Ti les os xornais e falan da Europa continental, sempre tiveron unha realidade e unha idiosincrasia moi propia. Pero o motivo do Brexit e de que se votara si foi polos cartos, polo caro que estaba todo, polo que tes que pagar por un piso…

Sergio, degustando en una cervecería típica una costilla eslovaca
¿Por que toma a decisión de marchar?
Porque non facía nada. Sinceramente, a diferencia respecto á crise de 2008, ás protestas dos indignados… é que temos menos enerxía para protestar. Ti cando estás nun túnel necesitas ver ou imaxinar a luz. Cando ti non es capaz de divisar esa luz, estás perdido e pensas que non hai outra opción. Hai seis anos a xente tiña máis ilusión e esperanza, agora mesmo o que vexo é unha decepción moi grande, e por outro lado xente que se cre importante sen selo, cando non é ninguén. Cobrar mil euros e pensar que eres rico. Lembro nunha revista, cando tiña 19 anos, que se referían aos mileuristas como pobres, e lles trataban como unha decepción.
A Ministra de Traballo do gobernó de Rajoy, Fátima Báñez, calificou en 2013 de “movilidade exterior” á fuga masiva de xoves do páis
E creo que nos chamara aventureiros, ¡que pouca vergonza! Non falo pola miña situación persoal, porque son afortunado. Eu no fondo marchei porque quixen, pero a mayoría da xente marcha porque o necesita.
A xeración máis preparada da historia…
Preparación é moi relativo. Preparados para un mercado laboral que non nos acepta, valora e non que non encaixamos.
Galego, migrante como tantos paisanos, ¿Como ve desde fóra o discurso anti imigración nun país acostumado a emigrar, por exemplo contra árabes sempre e cando non sexan dun emirato?
Se me cae a cara de vergonza, pero non é un discurso xenófobo. Teñen medo aos pobres, non aos estranxeiros. Que lle pregunten aos que foron a ver museos a Madrid últimamente.
Vostede non é pai, pero no caso de selo… ¿onde criaría ao seu fillo?
Fóra, seguro, porque ao final é o mercado laboral. Necesitas certa estabilidade e tempo, e eu traballando a teño. O que traballa unha persoa en España, a carga de horas e cantidade de traballo, é moitísimo maior que noutros países. O noto vendo a cantitade de traballo da xente da miña empresa desde España. Nos chaman vagos, pero somos mulas.
Coruñés, xove e galegofalante, haberá a quen lle choque…
Que a un galego lle sorprenda que un galego fale galego da idea na situación na que estamos.
¿Próximo destino?
Espero seguir pagando impostos en Bratislava e vivir en calquera sitio do Mediterráneo.
Polos youtubers entón non lle pregunto…
Iso está na educación de cada un. Se prefires quedar os cartos para ti e ter unha sociedade de merda, pois ti mesmo.