Somos Sanxenxo reclama unha sanidade pública e de calidade no Centro de Saúde de Baltar en Portonovo

Somos Sanxenxo mostramos o noso apoio aos profesionais do Centro de Saúde de Baltar (Portonovo), reclamamos Sanidade pública e de calidade; e instamos ao goberno local a que se sume e esixa á Xunta (Sergas) as reivindicacións do persoal cara obtér unha asitencia sanitaria digna no centro de saúde referencia de milleiros de persoas que conforman a poboación fixa e desprazada no período estival

O Centro de Saúde de Baltar (Portonovo) leva anos sufrindo recortes en medios, sobre todo, en persoal. Uns recortes que repercuten directamente na atención aos pacientes e causa a saturación dos centros.
Este ano, desde o Sergas supéranse, pois suprimiron unha plaza de persoal administrativo, e acaban de comunicarlles que este ano non contarán co persoal de reforzo doutros veráns, así como que a ambulancia medicalizada non estará no centro ata mediados de xullo. Se en anos anteriores xa era insuficiente o persoal e demandaban unha equipa a maiores das que poñían por verse desbordados, a situación deste ano promete ser tremendamente dantesca.
Mentras desde a Xunta de Galicia se adican a tentar enfrontar ao persoal de Atención Primaria cos usuarios e usuarias, e recortar persoal e medios en Sanxenxo; o Sr. alcalde deste concello mira cara outro lado. Parece que só se interesa polo tema cando hai edificacións e fotos de por medio, ou eleccións á vista.
A xestión sanitaria que estamos sufrindo (pacientes e persoal) en toda a contorna fomenta o deterioro do sistema sanitario público, buscando así a escusa perfecta cara levar a cabo convenios con centros de saúde  privados, o que supón un gasto extraordinario. Cartos públicos que deberan  adicar e invertir en reforzo de persoal e medios no sistema público de saúde, cara garantir unha sanidade pública e de calidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.