Voltan os sondeos mineiros ilegais dunha empresa sueca na Braña da Serra, que afecta aos concellos de Coristanco e Santa Comba

Logo da intensa polémica que a empresa sueca EUROBATTERY MINERALS AB causou o ano pasado ao realizar máis de 1 km de sondeos na Braña da Serra carecendo de autorizacións, hoxe mesmo a mesma empresa anunciou aos seus inversores da bolsa de Estocolmo que retomaría os sondeos neste mesmo mes de xuño, coa pretensión de realizar máis un quilómetro de sondeos.

A empresa, a través da súa filial Corcel Minerals SL e da empresa de sondeos Geonor Servicios Técnicos SL, volta a carga nun espazo de altísimo valor ecolóxico, a a coñecida como Braña da Serra, situada etre os lugares de O Sisto, Os Matos e Boaña, na parroquia de Castriz (Santa Comba), e As Salgueiras, xa no concello de Coristanco. O ano pasado varias entidades, respaldadas cos datos de biólogos das universidades de Santiago e da Coruña, solicitaron que se iniciase o expediente de protección ambiental para catalogar a zona como ENIL (espazo natural de interés local) ou EPIN (espazo privado de interés natural).

E é que a empresa sueca chegou a manifestar o ano pasado que xa contaba cos permisos necesarios para comezar un proxecto de explotación de cobre, niquel e cobarlto a ceo aberto de grandes dimensións de inmediato, aínda que se acabou por descubrir que nin era titular dos dereitos mineiros nin contaba coas autorizacións para facer sondeos, nin da propia Xunta nin dos concellos afectados. Os sondeos realizados ilegalmente en 2020 non contaban tampouco con proxecto de restauración ou estudo de impacto ambiental, que son preceptivos, a pesar da súa afección aos acuíferos que poden causar alteracións no nivel freático nunha zona húmida moi sensible.

Por este motivo, cursáronse denuncias urxentes para a paralización inmediata desta nova campaña ilegal de sondeos, antes de que poidan causar máis prexuizos de difícil reparación. Desde o coletivo ecoloxista apuntan que se trata sondeos inclinados, de modo que aínda que a actual campaña se faga sobre parcelas de superficie no concello de Coristanco, estas son contiguas ao concello de Santa Comba, e afectan en profundidade tamén a este concello.

Foto. Eurobattery Minerals

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.