160 participantes no programa Actívate da Deputación na súa primeira edición

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou a boa aceptación do programa Actívate que puxo en marcha a institución provincial. Esta iniciativa contou con 160 participantes nas diferentes propostas realizadas ao aire libre nas fins de semana de maio e xuño. Naceu como unha iniciativa para promover o turismo activo, científico e mindfulness nos concellos da provincia.

Moitas das propostas levadas a cabo neste programa esgotaron as prazas dispoñibles e as de lista de agarda en menos de 24 horas. Cabe destacar que nun inicio a normativa sanitaria vixente limitaba a 8 persoas a participación en cada actividade do programa. Posteriormente, coa ampliación dos aforos, duplicáronse as prazas e máis veciños e veciñas da provincia puideron gozar das actividades.

Os participantes realizaron barranquismo, sendeirismo ou surf, entre outras propostas. García Porto destacou a importancia da boa participación, que axuda “á recuperación económica da provincia a través de sectores tan afectados polas restricións da pandemia como o turismo, a hostalería ou o comercio, un dos obxectivos que temos dende este Goberno dende o comezo da crise sanitaria”.

Actívate sumouse ás medidas incluídas no Plan de Impulso da Economía da Provincia de Lugo que contempla, entre outras accións, os Bonos Impulso, para os que está aberto o prazo de solicitude ata o 15 de xullo, e dous programas que fomentarán o turismo de proximidade: Coñece a túa provincia e Saborea a túa provincia, ademais das Actividades Fluviais, que arrancaron esta semana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.