25.000 euros da Xunta á Federación Galega de Caza para a divulgación da actividade cinexética

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Federación Galega de Caza acordaron por sexto ano consecutivo colaborar na divulgación e no fomento da actividade cinexética na Comunidade, a través dunha achega por parte da Xunta de 25.000 euros.

A conselleira, Ángeles Vázquez, e o presidente da Federación, Javier Nogueira, asinaron esta semana o convenio co que se establecen as condicións desta cooperación, grazas á que se realizarán diversas actividades ata o mes de outubro. Trátase dunha colaboración que se vén desenvolvendo coa mesma achega desde 2015, polo que desde entón o Goberno autonómico xa destinou un total de 150.000 euros.

Por unha banda, a Federación Galega comprométese a levar a cabo cursos e outras xornadas formativas dirixidas a cazadores e responsables de sociedades de caza, sobre temas de actualidade relacionados coa actividade cinexética, a súa seguridade e a súa xestións.

Os cursos, todos eles impartidos por expertos nas diferentes materias e aos que se destinan 16.000 euros, terán unha duración de 16 horas nas edicións en liña e de 4 no caso dos presenciais.

En canto ás campañas de divulgación e fomento da actividade cinexética, servirán para poñer en valor a caza ou previr a sinistralidade, a través de publicidade, xornadas informativas e distribución de material, un conxunto de accións ás que se achegarán os restantes 9.000 euros.

En resumo, a colaboración enmárcase no desexo de potenciar e difundir a protección da fauna cinexética e do medio natural, así como do seu aproveitamento sustentable, á vez que se divulgan e fomentan os valores medioambientais asociados á práctica da caza, tales como o coidado e respecto á natureza.

Saúdos do Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.