A área de Igualdade da Deputación da Coruña destina máis de 400.000 euros a conciliación, loita contra o feminicidio e empoderamento das mulleres

Un total de 39 entidades reciben 416.042 € a través da liña de axudas para financiar os seus programas de igualdade

Coa liña de axudas destinadas a apoiar programas de fomento da igualdade, con especial atención á conciliación, o empoderamento e a loita contra a violencia machista, a área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia os programas de actividades que desenvolven as asociacións que traballan maiormente con mulleres. Nesta nova edición, a resolución definitiva contempla que 39 son as entidades que recibirán apoio a través desta liña de axudas que achega ao tecido asociativo un total de 416.042 €.

Con achegas que van até máis de 27.200 €, a área de Igualdade da Deputación da Coruña apoia os programas presentados polas asociacións que, nesta edición, centráronse  en iniciativas dirixidas a promover a conciliación da vida laboral e familiar, a potenciar o empoderamento das mulleres e tamén a desenvolver distintas accións, principalmente de concienciación, de prevención contra a violencia machista.

Ademais, máis dun cuarto de programas dos que reciben subvención da Deputación, teñen como obxectivo accións destinadas ás mulleres do ámbito rural para promocionar a súa participación social, o fomento do emprego ou apoio a coidadoras.

“Desde área de Igualdade da Deputación da Coruña esta convocatoria é especialmente interesante, en primeiro lugar porque se dirixe ao tecido asociativo que traballa en todo o territorio e tamén porque apoia programas de grande interese social que contribúen a promover e dar pasos adiante na igualdade e a eliminación do machismo e o feminicidio”, sinala a deputada de Igualdade, María Muíño.

Destaca, neste sentido, o interese dos programas destinados a eliminar o machismo e a violencia con iniciativas que desenvolven as entidades e supoñen avanzar na concienciación e sensibilización contra a violencia. “Na área de Igualdade da Deputación durante todo o ano traballamos con accións directas para vencer a violencia machista, man a man cos concellos, mais queremos tamén colaborar coas entidades porque, ao noso ver, este ten que ser un obxectivo conxunto da sociedade enteira e un obxectivo, ademais, urxente”, apunta María Muíño.

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DA LIÑA DE AXUDAS DE PROGRAMAS DE FOMENTO DA IGUALDADE

Entidade Concedido
CRUZ ROJA ESPAÑOLA-VIMIANZO 15.061,86
FUNDACION AMIGOS DE GALICIA 15.141,36
HERMANAS OBLATAS DEL SANTISIMO REDENTOR (CASA DE FERROL) 20.653,99
ARABIAS S.COOP.GALEGA 16.038,40
RADIO ECCA FUNDACION CANARIA 5.301,76
ESTUDOS LABORAIS FEMINISTAS 13.634,40
ASOC. MULLERES RURAIS DE GALICIA 12.480,00
ASOC. MIRABAL 6.160,00
A.N.P.A. O RAMO DO CEIP 12.216,00
FED. MUNICIPAL ANPAS CEIP CONCELLO SANTIAGO COMPOSTELA 17.400,00
ASOC. DE COACHING PARA EL DESARROLLO SOCIAL Y COMUNITARIO DALETH 17.500,00
ASOC. PARA EL EMPODERAMIENTO DE PERSONAS VULNERABLES Y O RIESGO DE EXCLUSION 4.200,00
ASOC. VISIBLES 5.936,00
ASOC. SOCIO-EDUCATIVA PARA LA EDUCACION (ASEDUC) 7.464,90
A.P.A. SAN ISIDRO C.P. DICES 2.938,65
F.A.P.A. FERROL Y COMARCA CONCEPCION ARENAL 22.500,00
AVENTEIRA S. COOP. GALEGA 13.116,88
ASOC. MULLERES RURAIS AMURUSA 3.380,00
ASOC. MULLERES RURAIS ARUME DE MELIDE 3.276,00
ASOC. NACIONAL DE MUJERES DE LA PESCA 6.204,00
ASOC. POLA IGUALDADE E COEDUCACION 8.400,00
ASOC. R. Y C. LOS TILOS 5.649,80
FED. GALEGA DE REDEIRAS ARTESAS 5.720,00
ANPA O FORTE DO CEIP Nº 1 DE MELIDE 6.825,00
ASOC. MULLERES RURAIS CERES DE CARBALLO 4.882,50
A.P.A. LANDRAS C.E.I.P. MESTRE RODRIGUEZ XIXIREI 2.854,80
ASOC.S LABREGAS 17.500,00
FED. DE ASOC.S DE MULLERES RURAIS DE GALICIA 17.249,40
A.L.A.S. CORUÑA (ASOC. POLA LIBERDADE AFECTIVA E SEXUAL DE A CORUÑA) 10.175,20
ASOC.PARA A PROMOCION E INTEGRACION DAS MULLERES GALEGAS DO RURAL (AGRA) 8.441,55
ASOC. CENTINELAS 20.000,00
ASOC. ACCION SOCIAL EDUC.PERM.Y SERV.JUV.Y MUJER TEMPUS 17.500,00
FUNDACION MUJERES 27.200,00
ASOC. PUNTODELAS-SECRETARIA DAS MULLERES 9.264,00
ASOC. EUROEUME 11.995,35
A.N.P.A. A SANTAIA DO CPI FONTE DIAZ 4.470,00
A.P.A. C.N. MIXTO COMARCAL E.G.B. TEIXEIRO 2.253,12
ASOC. ACCION SOLIDARIA DE GALICIA 4.672,80
ASOC. DE MULLERES CON DISCAPACIDADE DE GALICIA 10.384,35
TOTAL CONCEDIDO:   416.042,07

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.