A Deputación aproba a pavimentación da vía que une os núcleos de Rorís e Anzobre, en Arteixo

Nesta mesma estrada o organismo provincial financiou un proxecto para a construción dunha senda peonil valorado en 381.029 euros

A Deputación da Coruña aprobou hoxe no pleno un investimento de 368.000 euros, enmarcado dentro da sétima fase do Plan de Investimentos 2021, para un proxecto de mellora do firme e outras actuacións de seguridade viaria na estrada DP-0507 que une os núcleos de Rorís e Anzobre, no Concello de Arteixo.

As obras, que se levarán a cabo entre os quilómetros 0,25 e 2,85, inclúen a limpeza de beiravías e cunetas, a aplicación dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor, a renovación da sinalización horizontal e o reforzo da vertical colocando sinais de limitación de velocidade e de paso estreito e intersección con prioridade. Para ocasionar as menores molestias posibles executaranse os traballos primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra, de modo que poderá manterse sempre en servizo un dos carrís en todo momento.

Ademais, nesta mesma estrada o organismo provincial xa financiou outro proxecto de 381.029 euros para a construción dunha senda peonil que dá continuidade ao circuíto peonil procedente do núcleo de Lañás e das mesmas características técnicas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.